4 feb 2013

VAN CHEGANDO NOVIDADES!


Despois da resaca do Nadal as editoriais van lanzando as súas novidades para esta tempada. Acabamos de recibir estas dúas, que loguiño estarán catalogadas nos andeis da nos Biblioteca ao dispor de todas e todos (elas primeiro, que son abafante maioría!)

Nubes de evolución, con esa marabillosa ilustración na capa, é unha historia que xira arredor dunha moza limpadora nunha estación de autobuses pola que tamén andan as outras personaxes que por aquí pululan. Interesante. Vai gustar: doada de ler, final feliz, unha trama moi entretida...


O códice do Santo Lugar, de Pere Tobaruela, parece que vén como anel ao dedo para aqueles que sexan amantes da historia ou que se interesaran por ela despois das novas relativas ao roubo e recuperación do Códice Calixtino (quen sabía hai un ano o que era un códice?).
A apaixonante historia do arcebispo Xelmírez -e o seu predecesor- mesturada coa ficción farán desta breve novela un fito importante para os afeccionados ao xénero histórico.

No hay comentarios: