12 jun 2014

PREMIO NO CERTAME LITERARIO DA BIBLIOTECA

Premio da fase local do certame "Letras Galegas 2014" co tema "Cociñando contos". convocado pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo.

A VOZ MÁXICA
Laura e Irene son dúas nenas de Guitiriz, as dúas encántaballes ler. Xa había  uns cantos anos que o 19 de febreiro recitaban o poema Penélope de Xosé María Díaz Castro, para conmemorar o día do seu nacemento. Cada ano que o lían, elas e a xente que as estaba vendo escoitaban a voz dun home recitando ese mesmo poema. Ao principio pensaron que o imaxinarían eles, logo que sería un veciño gracioso, ... Pero descartaron esa posibilidade. Deixárono pasar por un tempo, pero despois decidiron ir falar co alcalde. O alcalde non os cría, pero ante a insistencia dos veciños tivo que mandar uns investigadores para saber o que pasaba. Volvía ser o 19 de febreiro e as nenas volvían comezar a recitar o poema, pero esta vez diante dos expertos. Os cales tamén quedaron alucinados con aquela voz que acompañaba as nenas. Inmediatamente volveron ir falar co alcalde e ensináronlle un vídeo que fixera un dos investigadores mentres Laura e Irene recitaban o poema. O alcalde tamén quedou coa boca aberta, non atopaban ningunha explicación para aquela voz. Seguían pasando os anos e as anécdotas ían crecendo ata que un 19 de febreiro mentres recitaban o poema apareceu unha pantasma ao primeiro todos se asustaron, pero cando a pantasma comezou a falar os maiores do pobo decatáronse de que era el, era Xosé María Díaz Castro, Todos quedaron abraiados. A mensaxe que lles traía aquel espírito era que a voz que acompañaba a aquelas nenas era a del, para manifestar o que lle gustaba a literatura e para explicarlles que el seguía vivo naquel libro de NIMBOS. Dende aquel día todos os veciños esperaban impacientes aquel acto. A historia do que sucedeu foise transmitindo de xeración en xeración e a lectura do poema seguiuse efectuando.   
Andrea González Luaces - Sexto Primaria