27 nov 2014

AS LEAS DAS ODISH E AS OMAR




Un ano máis, volveu A Guerra das Bruxas, da man de Maite Carranza e o seu "clan da loba".

Desde primeira hora da mañá as Omar e as Odish deron mostras de hostilidade, dividindo  a clase en dous sectores ben diferenciados, cadaquén co seu emblema ben á vista. Velaquí o comezo de todas as leas: o medo/odio aos diferentes...
(pica nas imaxes para agrandalas)



Logo, na Biblioteca, os clans reuníronse e os seus membros xuráronse fidelidade mutua: a guerra estaba cantada!

 

 


E, despois dunha cruenta e sanguenta disputa -con feridas graves por ámbolos dous bandos, as Odish venceron no primeiro asalto... pero as Omar agardan a súa vinganza! (E por se hai que agardar moito, mellor comer unha lambetada, non si?)


20 nov 2014

1º ESO: CONTOS DE MEDO NO MUSEO

O mércores 19 de novembro as mozas e mozos de 1º da ESO visitaron o Museo Provincial, na praza da Soidade, para participar no programa
"Rutas literarias polo Museo". 
Ata alá fomos a media mañá para percorrer tan interesante espazo da man da lectura dos relatos que previamente fixeramos na aula e que tanto interese tiñan suscitado: Velaí están as imaxes, que non menten (malia a súa pobre calidade):


Co guía, Mendoza, preparándose para iniciar as catro rutas diferentes:

Estivemos unha hora mpvéndonos polo Museo, pensando, relendo, escribindo...
Mesmo diante da Escola de Doloriñas...

14 nov 2014

EU DIGO!

Lembrades o vídeo que colgamos aquí a semana pasada sobre as variantes do galego propias da costa oeste do noso país?? 
Unha moza queixábase de que, cando nena, estando en Ribadeo de excursión, alguén se burlara do seu xeito de falar... e isto é o que teñen que dicir ao respecto estes mozos de Ribadeo... como nos presta!!!

13 nov 2014

ATENCIÓN FANS DE TOLKIEN...

Xa hai días que anda rulando o  trailer da 3ª parte de "El hobbit", as pelis baseadas na obra do grandísimo J.R.R. Tolkien que tan queridas son para algúns dos membros dos clubes de lectura...
para ir abrindo boca...

6 nov 2014

POR QUE LER?


Menos leóns de Bagdad???

Vanse asentando os clubes de lectura de toda a Secundaria... os últimos en botar a andar foron os maiores, os de 4º da ESO, os Leóns de Bagdad, que desta volta son menos; ben, na foto falta Yoel, pero aínda así imos quedando menos, xaora; natural. 
Poucos, pero magníficos. 
Ao igual que a primeira lectura: desta volta a cousa vai de amor, da man do grande Agustín Fdez. Paz: 
O único que queda é o amor.

E cando penso en como imos pasar por este mundo, sen deixar nada, despois de levar unhas vidas estúpidas, comprendo con rabia que  na vida o único que queda é o amor.