24 ene 2022

MATERIAL NOVO!!



O alumnado de 3° de primaria xa dispón de 25 novos exemplares de "Aldara na Lúa", un compendio de lecturas en galego coas que  poder gozar diariamente na Hora de Ler. #plambe #bibliotecasescolares #horadeler

QUE LEMOS EN BOOKFLIX???

Estreamos carteleira de promoción dos libros e de información sobre as novidades que van chegando á Biblioteca. E facémola imitando a grella dunha coñecida plataforma televisiva, de modo que, se non sabedes qué ler... Sempre podedes botarlle un ollo á carteleira do noso BOOKFLIX!!


ARRINCA DE NOVO O CLUB DE LECTURA

 


E faino cos "peques" de 1° da ESO, que lle van meter o dente a "O pacto do letargo", do grande Miguelanxo Prado... Imos aló!