22 nov 2020

INFANTIL TAMÉN LE!!!

 




Os nenos e nenas de infantil estrenaron este venres bolsiñas lectoras!! Nelas, cada semana, poderán levar para casa distintas lecturas para compartir coas súas familias.#plambe #bibliotecasescolares  #mochilasviaxeiras

21 nov 2020

ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

 



Do 19 ao 21 de novembro compoñentes do Equipo da Biblioteca do noso cole participaron no Encontro de Bibliotecas Escolares de Galicia 2020 que, por mor da pandemia, tivo que celebrarse telematicamente. Un curso máis, escritores, bibliotecarios e docentes compartiron as súas andainas no mundo da biblioteconomía e contaxiaron a súa ilusión e bo facer. #plambe #bibliotecasescolares

10 nov 2020

FICTION EXPRESS

 



FICTION EXPRESS

O alumnado de 1° de ESO baixou hoxe á aula de informática (que goza de novas mamparas) para comezar a ler o libro "Quiero ser popular" na plataforma Fiction Express. Así, despois de ler o primeiro capítulo, os rapaces e rapazas puideron votar sobre cómo continuará a historia, interactuar co autor e outros lectores a través do foro, cubrir un cuestionario online... Ademais, dende as súas casas, poderán facer o mesmo con outras lecturas de distintas temáticas e niveis. Nós próximos días, outras clases, dende 5° de primaria ata 4° de ESO, tamén se poderán unir a esta iniciativa. #bibliotecaescolar #plambe #fictionexpress

7 nov 2020

CLUB DE LECTURA DE 1° ESO

 CLUB DE LECTURA?? AVANTE TODA 

Continúan arrincando as distintas seccións do Club de Lectura depapeletinta: aquí temos algúns intrépidos grumetes de 1° da ESO, que onte tiveron o seu primeiro encontro. Haberá máis e serán mellores! #clubdelectura #plambe #bibliotecaescolar


MOCHILAS VIAXEIRAS

 Botaron a andar as primeiras mochilas viaxeiras en 1°, 2° e 4° de primaria. Nenas e nenos  compartirán coas  súas familias os  libros, as películas e a música cos que a mochila vai cargada. Ademais, as familias poden realizar suxestións ou contar a experiencia de lectura compartida no "diario da mochila". #mochilasviaxeiras

#plambe

#bibliotec





aescolar

5 nov 2020

 


Como ben sabedes, o noso colexio forma parte da rede PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) dende o curso pasado e, un ano máis, solicitamos unha subvención para continuar a mellorar a nosa benquerida biblioteca. Onte publicouse a resolución provisional coas contías a recibir por cada centro e... estamos de noraboa!! Recibimos, nada máis e nada menos, que 12.540 euros!!!!!

Estes cartos non só nos permitirán mercar novos fondos e mobiliario (tarefa xa comezada no curso 19-20); senón que poderemos adquirir unha gran cantidade de material para crear unha magnífica biblioteca inclusiva e unha radio escolar; si, lestes ben, unha radio no cole. Manterémosvos informados de todas as novidades, estade atentos!!!

3 nov 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

Nos vindeiros días comezará unha nova andaina das mochilas viaxeiras, iso si, gardando todas as medidas de seguridade: desinfección das mesmas e corentena entre entregas. Como novidade, este curso ampliaremos a actividade a 1° e 4° de Educación Primaria.

Preparados para ler?









2 nov 2020

 ARRINCA O CLUB DE LECTURA


Coas limitacións que nos impón a pandemia, sen galletiñas, sen tanta xente, con distintas seccións para cada curso, contra vento e marea, contra virus e bacterias... comeza a súa andaina o Club de Lectura 2020/21.

E aquí están cinco intrépidas mozas de 2° da ESO dispostas a desafiar o temporal vírico e adentrarse no proceloso universo de papel e tinta. Comezamos retomando o asunto onde o deixamos o curso pasado: "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" será a nosa primeira proposta.

Vento nas velas!!