6 feb 2013

DE RUTA POLO MUSEO, AGAIN.

Despois da exitosa experiencia do 1º trimestre con Piratas polo Miño, toda a clase de 2º da ESO leu no mes de xaneiro os catro relatos que forman a obra Contos do Museo. Foi por iso que o martes, 29, nos achegamos pola praza da Soidade para participar na actividade "Rutas literarias polo Museo". Estivo realmente ben: foi divertido, axudounos a entender mellor os relatos, coñecemos un pouco mellor o museo... e ata nos felicitaron polo noso comportamento. CHAPEAU!

A metade do grupo, impacientes, esperando a súa quenda para realizar a actividade: dentro agardaban as criaturas imaxinadas por Xosé Miranda, Xabier Docampo,
Agustín Fdez. Paz...

Os gañadores da 1ª quenda reflexionando no claustro.

Outro dos equipos na sección de prehistoria.

Coa Escola de Doloriñas ao fondo.

Non é esa a Ofrenda a San Ramón???

De volta no cole, os gañadores das dúas quendas locen os seus trofeos: bolis-imán cos que os agasallaron os amigos do Museo. E a satisfacción que sempre dá ata a vitoria máis cativa.
Se no Museo nos reciben... VOLVEREMOS.

No hay comentarios: