27 feb 2015

NOTICIA URXENTE DO ENTROIDO

Aínda que xa pasou un tempo, non podemos deixar pasar a ocasión de traer aquí esta noticia urxente do Entroido no cole e na cidade para vos contar 
que, unha vez máis -e xa van...- un grupo de nenas e nenos do cole 
vén de gañar o concurso de disfraces do Concello de Lugo (na modalidade de disfraces elaborados con material reciclado). 
E unha vez máis, estas mozas e mozos doaron o seu premio (lote de libros) á  Biblioteca do Centro. 
PARABÉNS e GRACIÑAS!!!


Polo demais, a festa de disfraces no cole, ben, grazas: para mostra, un único botonciño:

 

 

24 feb 2015

24 de febreiro: VIVA ROSALÍA VIVA!

178º aniversario do nacemento de Rosalía de Castro
Viva Rosalía viva nas nosas aulas!

O meu corazón che mando
cunha chave para o abrir,
nin eu teño máis que darche,
nin ti máis que me pedir.


13 feb 2015

"Instrucciones para aprender a hablar gallego"


Antía Quintá Gayoso e María Martínez Martínez, alumnas de 1º de Bacharelato do Fogar de Santa Margarida (A Coruña), realizaron esta adaptación do relato 
«Instrucciones para aprender a hablar gallego», 
de Made in Galiza (de Séchu Sende).

5 feb 2015

LOS GALLEGOS NO SABEN GALLEGO



Interesante. E será verdade que os galegos non sabemos galego?
Escoitade ata o final: non ten valor científico, vale, pero 
coido que a reflexión é do máis interesante.
E ti que pensas?

VOLVER


Tras un longo parón, estamos de volta: os clubes funcionando, a biblioteca en marcha e acgtualizamos de novo este blogue: imos aló...