Somos o Clube de Lectura de 1º e 2º da ESO do CPR Divino Maestro de Lugo do curso 2013/14.
Vémonos todos os luns na Biblioteca no tempo de recreo.
Somos Adrián, Sara, Uxía, Vanesa, Santiago, Jonathan, Ángela, Manuel, Lucía, Patricia, Cristian, Nerea, María, Nara, Ainara, Anaís, Martín, Álex, Víctor e Luzmila.
20. De 1º e 2º da ESO.
Piratas polo Miño.
Que lemos?
Este ano tocou comezar con cousa de meigas:

O curso pasado, 2012/13, empezamos por aquí...
e seguimos por aquí.
Logo, seguimos os pasos dos Leóns e chegamos aquí:

Máis tarde lemos "palabras de auga":
E ese nome?
E seguimos con palabras, Palabras de Caramelo:
Lemos tanto que a veces semellou que tiñamos
Plastilina nos pulmóns:

E ese nome?
Collémosllo prestado a un veciño de noso. De aquí:
PIRATAS POLO MIÑO
Eran catro piratas con cinco ollos
e o que tiña dous era birollo.
En sete mans levaban tres pistolas
e doce ou trece aneis e unha sortella,
e, ao pasar a Marola,
sorriron con furor de orella a orella.
O piloto era xordo
e o contramaestre un tipo estrafalario
e o segundo de a bordo
un bébedo devoto do rosario.
Non tiñan nin grumete nin gabieiro
e sucaban a mar, sempre deserta,
baixo o ronsel distante dos mascatos,
e en agosto o mesmo ca en xaneiro
percorrían as táboas da cuberta
os seus pés, sen carpíns e sen zapatos.
Mandaba nesa tropa de forbantes
un home sempre envolto en capa parda
quen, coma os almirantes,
sacou o anteollo ao divisar A Garda.
Aínda que con dez dedos,
era manicho e torvo o capitán,
e nos días máis ledos
erguía un sable roto na súa man.
Como os seus tripulantes,
cargaba o barco abondas teas de araña,
porque hoxe igual ca antes
non hai cousa que o home máis estraña.
Xosé Miranda.