24 feb 2013

Non che digo nada... pero vaia!

Mais tantas cousas vexo
que me parecen trampa;
tanto sol entre nubes,
e tan revoltas auguas
que asemellarse intentan
a unha fontiña crara,
que por non perder tempo
donde non quito racha,
non che digo nada...
      pero ¡vaia!


Como recolleu a prensa local, o alumnado do Divino Maestro coordinou a lectura pública da obra de Rosalía na que participaron compañeiros doutros sete centros de Secundaria da cidade.
Parécenos que todo saíu ben, segundo o previsto, e recibimos os parabéns dos outros participantes. Sentimos unha enorme satisfacción pola participación das nosas mozas e mozos, polo recitado de Víctor e Adrián, pola actuación de Carme, meniña gaiteira, polas palbras de Marica Campo e Darío Xohán Cabana... foi unha gran mañá na honra de Rosalía, poeta fundadora da nosa literatura e identidade moderna.
Eis a mensaxe fundamental que pretendiamos transmitir: Rosalía ten algo que dicir ás mozas e mozos de hoxe, ao mundo destes días: velaí os versos que abren este post.
Nos próximos días colgaremos novas fotos do acto.

No hay comentarios: