5 mar. 2015

RUTAS LITERARIAS POLO MUSEO. 2º ESO

A semana pasada as mozas e mozos de 2º da ESO visitamos o Museo Provincial para completar o programa "Rutas Literarias polo Museo". Como xa fixeran anteriormente as compañeiras e compañeiros de 1º da ESO, lemos os Contos de medo no museo e, posteriormente, fomos facer o percorrido polo museo seguindo o rastro das lecturas e procurando moitos obxectos que alí se atopan expostos. Abofé que foi unha grande diversión!