28 may 2013

TELEXORNAL ROBERTO VIDAL BOLAÑO


No CPI Os Dices, de Rois, elaboraron esta pequena alfaia que é un inmellorable traballo sobre o homenaxeado este ano co gallo das Letras Galegas. Un telexornal memorable. Ficamos sen palabras e quitámoslles o chapeu aos profes e alumnos participantes. Noraboa: é, sen dúbida, o mellor que levamos visto pola rede sobre o sobranceiro dramaturgo de Compostela:

24 may 2013

NON HAI QUINTO MALO!

Tremendo orgullo e satisfacción que sentimos hoxe no acto de entrega dos galardóns do V Certame de Relato Curto do Concurso "Novos Talentos" de Coca Cola.
A nosa Laura Cernadas acadou un meritorio 5º posto, o que equivale a dicir que o seu relato foi un dos 25 mellores entre os máis de 6000 participantes en toda Galicia (si, máis de 6000!).
O acto de entrega, longo dabondo, fíxose moi agradable coa teatralización que dous actores fixeron da figura de Rosalía e do seu home, Manuel Murguía, ademais dunha emotiva interpretación do "Negra Sombra" (no tema do concurso e máis no acto lembrouse o 150 aniversario de Cantares Gallegos).
Parabéns a Laura e a agardar xa pola vindeira quenda, que alá iremos de novo, se Deus quixer!

20 may 2013

PREMIO NO CONCURSO DE RELATO CURTO DE COCA COLA!!


Alegrámonos inmensamente de vos anunciar a todos que Laura Cernadas González, de 2º da ESO, é unha das gañadoras do Concurso de narración curta patrocinado pola multinacional Coca-Cola.
A entrega de premios terá lugar o vindeiro día 24 de maio no Círculo das Artes, aquí na cidade de Lugo. Entón saberemos cal é o posto definitivo que acadou Laura. Sexa cal sexa, xa ten un mérito enorme ser unha das triunfadoras.Parabéns Laura! Beizón sempre.

Por certo que había tres anos que non acadábamos un premio neste concurso. Naquela altura a grande Inma Alonso viñera para a casa cun segundo premio, que
foramos recoller a Compostela.
Casualidades da vida, Laura herdou o número de Inma
coma socia da Biblioteca do noso Colexio.
 Abofé que é unha digna herdeira!

16 may 2013

LETRAS GALEGAS 2013. Crónica fotográfica.

NA HONRA DE ROBERTOVIDAL BOLAÑO

HERDEIROS DE ROSALÍA


Subimos as primeiras imaxes da Festa das Letras que celebramos hoxe, 16 de maio para lembrar a figura do dramaturgo e intelectual homenaxeado este ano, Roberto Vidal Bolaño, e que serviu tamén para recordar o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía.

Diego Basadre, ao saxo, foi o encargado de abrir
 a festa, cos peques de Infantil xa a punto
 para cantar.

Entón Jennifer Núñez e Alejandro Corral, os presentadores do acto, foron dando entrada
ás diversas intervencións.

Empezamos cos campións de Infantil:

Xa se ve que o fixeron de cine:
uns profesionais.

Laura Saavedra, de 3º da ESO, empezou a poñerlle
voz a Rosalía:
"Cantarte hei Galicia
na lingua galega,
alivio dos males
consolo das penas..."

Logo foi a quenda das alumnas e alumnos de 2º
ciclo de Primaria, con Costa á fronte:
"Se buscas a Galicia en ti tes que atopala..."

Galicia somos nós: a xente e máis a fala!

Continuamos coa xente de 5º de Primaria, que nos falou de Vidal Bolaño, da súa vida e da súa obra, para darlle sentido á festa:

E chegou un dos momentos culminantes do día: Álex Martínez, de 5º de Primaria, púxolle cara e voz
a Vidal Bolaño: maxistral!

Chegou logo o "Quen son?" de 1º e 2º de Primaria. Por certo, non perdades de vista o magnífico traballo que lucía coma fondo de escenario: Se cadra Mª Teresa R. Pol pode contarvos algo ao respecto...

Andrea Gutiérrez deulle voz de novo a Rosalía
nun memorable recitado de
 "Castellanos de Castilla".

Por alí andaron tamén mozas e mozos de 6º de Primaria,
cantándolle ao mes de maio.

E CHEGOU O MOMENTO DOS PREMIOS!
Aquí están todos os galardoados nos diferentes certames:
PARABÉNS!!!
E noraboa a todas e a todos os participantes

E como podiamos porlle digno remate á celebración?
Pois co "son do ar" que o alumnado de música de 4º da ESO, comandados pola profe Ana, preparou
para a ocasión: 
 Saíu tan ben que non paraban de sorrir!

Pois iso, a reencontrarnos con
nós mesmos!

13 may 2013

ADOLESCENTES E LECTURA

 «Los adolescentes que entren en el mundo adulto en el siglo XXI leerán y escribirán más que en cualquier otro momento de la historia del ser humano [...] En un mundo complejo y a veces peligroso, su habilidad para leer puede ser crucial».


[...] si eres adolescente, sobre todo si tu edad ronda los quince años, es uno de los momentos más importantes de tu vida para leer [...]
Los libros que más nos impactan son los que leemos con quince años. Son aquellos que nos forman, los que nos construyen como personas. [...]
los jóvenes que leen por propia motivación (no por obligación) suelen acabar por tener mejores trabajos y un estatus social y económico más elevado que los que no han leído cuando eran adolescentes [...]

Grazas a un tweet do mestre Fernández Paz chegamos a este artigo de Gabriela Campbell que podedes ler completo facendo clic aquí. Unha páxina ben interesante, abofé.

1 may 2013

A PASTELARÍA E 1º DE PRIMARIA

Coma todos os anos, os peques de 1º de Primaria veñen de ler esta pequena gran obra de Agustín Fernández Paz, que case sempre é un grande éxito:


Para falar deste libro e levar a cabo unha serie de actividades sobre a lectura, volveu estar connosco Benxamín Míguez, que nos contou moitas cousas e nos propuxo varias actividades...


Tamén nós lle fixemos preguntas...


E intervimos moitas veces con moitas, moitas ganas...


Participamos nas actividades que Benxamín
nos propuxo...



Axudámoslle a debuxar..


E, coma sempre, resultou moi, moi entretido e divertido... se cadra o ano que vén lemos outro libro de Agustín!