31 oct 2020

LETRAS GALEGAS: CARVALHO CALERO

 LETRAS GALEGAS

Este ano, a crise sanitaria obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas ao sábado 31 de outubro. A Real Academia Galega elixiu esta data para render tributo ao traballo de quen tería cumprido hoxe 110 anos. Dende o cole rendemos a nosa humilde homenaxe a Ricardo Carvalho Calero coa lectura colectiva de

"As pitas baixo a chuvia"



18 oct 2020

18 DE OUTUBRO: ESTAMOS DE VOLTA. NOVA NORMALIDADE

                                                 NOVA NORMALIDADE

 

Despois de tantos meses, volvemos abrir a biblioteca!! Coma sempre, retomamos este blog o 18 de outubro, día de San Lucas, patrón do Mondoñedo de Álvaro Cunqueiro; vento nas velas!!

Como xa sabedes, o curso pasado, e grazas aos fondos achegados polo PLAMBE, comezamos a remodelar a Biblioteca: novo chan, paredes recén pintadas, mobiliario a estrear… Aínda queda moito por facer, pero mentres tanto imos funcionando; iso si, adaptándonos ás medidas marcadas polo protocolo Covid que ledes a continuación:


PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA





  • Ventilación: as portas permanecerán sempre abertas; e as ventás, o maior tempo posible

 

  • Aforo: 50%, é dicir, 12 persoas. Só poderá coincidir un único “grupo- aula”, mantendo sempre a distancia social.

 

  • Sinalización: indicarase no chan o sentido de circulación dos usuarios, así como o mobiliario do que se pode facer uso. Non se poderá coller libros dos estantes; haberá que dirixirse ao mostrador da biblioteca ou levantar a man e solicitarllo á persoa responsable nese momento.

 

  • Desinfección: é obrigatorio o uso de máscara e de xel hidroalcólico, tanto á entrada como á saída. A bibliotecaria desinfectará os postos de lectura despois de cada uso (incluída a mesa do profesor).

 

  • Préstamo: farase de forma habitual, aínda que os materiais devoltos deberán permanecer separados, a efectos de prevención, un prazo de 24 horas como mínimo (agás que as autoridades sanitarias, educativas e do ámbito bibliotecario estipulen outros prazos maiores). É dicir, devólvense un día e colócanse ao día seguinte.

 

  • Devolucións: faranse nun carriño colocado na entrada e o/a alumno/a non terá que facer máis nada que depositalo nel. Será ao día seguinte, cando o/a encargado/a da biblioteca terá que rexistrar a devolución e colocalo no estante correspondente.

 

  • Xogos: non se permitirá o uso de xogos que impliquen un uso compartido.