27 may 2015

O veleno da risa

 
Despois de ler a última novela xuvenil publicada polo veciño de Lugo, Santiago Jaureguízar, este tivo a ben visitar -unha vez máis- o noso centro para debullar
O veleno da risa polo miúdo coas alumnas e alumnos de 1º da ESO.



Trátase da cuarta entrega da serie Un misterio para Tintimán, encetada hai xa varios anos con Corazón de chocolate. Ao longo da serie, un mozo compostelán, precoz xornalista, vai  desenguedellando misterios ao tempo que cultiva unha peculiar relación coa súa moza, Mónica. Nas súas andainas acompáñao sempre o seu peculiar gato, o señor Grozni, que tampouco pasará desapercibido.

De todo isto, e moito máis, falou Jaureguízar ao longo de casi unha hora, ante un auditorio moi atento, pero expectante ante a quenda de preguntas: abriuse entón un moi fluído diálogo entre autor e lectores, quen comentaron, apuntaron, criticaron... con gran detalle e demostrando a atención posta na lectura.

Rematamos, non podís ser doutro xeito, coa sinatura da obra por parte do noso convidado. Agardamos repetilo!


EMPAPÁDEVOS

#EmpápateCoGalego é a nova campaña que Afundación botou a a andar o pasado maio  co gallo da celebración do Día das Letras, o 17 de maio. 
Empapádevos...

7 may 2015

Outros videopoemas



Negra sombra, por Lucía e María:



Eiquí será, por Santi M.:

VIDEOPOEMAS CELSO EMILIO

Espranza, por Brais, Marco e Bustos:



Quero ir a Lugo, por Dani e Alejandro:




Consellos, por Rebeca e Rocío:

MÁIS VIDEOPOEMAS DE CELSO EMILIO

Ti e mais eu, por Merce R.:


Credo, por Adrián e Silvia:





Libremente, por Laura e Samuel:




VIDEOPOEMAS CELSO EMILIO

 Co gallo da Festa das Letras as mozas e mozos de 4º da ESO, que andan a estudar a poesía galega de posguerra, deron en re-crear algúns poemas de Celso Emilio Ferreiro con estas montaxes de vídeo. A ver que vos parecen. 
Nós gustamos moito do seu traballo.

Mentres imos andando, por Karla e Dánel:




Modestia fóra, por Cristina, Amaya e Elora:



Son un pasmón, por Ángel Bustos:


4 may 2015

Máis FILGUEIRA VALVERDE




Eis outra páxina onde podemos atopar info sobre Xosé Filgueira Valverde. Trátase de todo o material que a fundación que leva o seu nome compilou ao redor da súa figura.
Preme na ligazón para acceder.

E non podía faltar a páxina da Coordinadora de Equipos de Normalización e Dinamización da Lingua Galega, onde se van compilando recursos moi interesantes que se crean en diversos centros por Galicia adiante. 

Sirva como exemplo o Pasapalabra que crearon os compañeiros do CEIP "A Ponte". Para acceder, fai clic na imaxe:

LETRAS GALEGAS 2015



Clica para diminuír


Deixamos aquí, para quen poida interesarlle, o enlace aos diversos materiais con que cada ano os do Seminariogalán nos fan máis doado celebrar a festa das Letras Galegas: Para acceder, clicar nas imaxes, si?