21 dic 2021

NADAL NA BIBLIO



 Tic, tac, tic, tac… Xa está aí o Nadal!!! Estes son algúns dos títulos que temos na nosa biblioteca ambientados nestas festas:

- NAVIDADES CON MANNY. Manny Manitas descubrirá o auténtico significado do Nadal participando na festa de Kelly.

- ¡FELIZ NAVIDAD, PEPPA! Celebra a Noiteboa con Peppa e a súa familia realizando un gran boneco de neve. 

- OS BOLECHAS FESTEXAN O NADAL. A familia creada por Pepe Carreiro prepárase para celebrar estas datas por todo o alto. 

- ESTACIÓN NADAL. Mamá Cabra canta ao Nadal e aos Reis Magos. 

- KIKA SUPERBRUXA E O FEITIZO DE NADAL.  Ante a falta de espírito de Nadal, Kika argallará un auténtico feitizo para recuperar a maxia do momento.

- EL CASO DE PAPÁ NOEL. Charly e os seus amigos enfrontaranse a unha banda de delincuentes que actúan baixo o inocente traxe de Papá Noel en vésperas de Nadal.

- CANCIÓN DE NAVIDAD.  Un clásico de Charles Dickens que ten a Ebenezer Scrooge, un vello avaro, como protagonista desta alegación en favor do Nadal.

- OS REIS MAGOS.  Unha sorprendente visión da historia dos Reis Magos, chea de reflexións filosóficas, parodia  e espiritualidade.

LECTÓMETRO

 O alumnado de 4⁰ de EP está a por en marcha unha actividade motivante de animación á lectura dentro da "Hora de Ler".Trátase dun lectómetro, ferramenta didáctica que permite iniciar e afondar no gusto pola lectura.

A actividade consiste en que o alumnado escolla un libro da biblioteca de aula para ser lido no tempo diario adicado a tal fin. Unha vez rematado, exporán de forma oral un breve resumo do lido, así como a parte que máis lles gustou. Posteriormente descolgaranse os lectómetros do corcho da aula e colorearase o lombo dun libro, como certificación de libro lido.

A biblioteca de aula consta de comics, libros do Plan Lector, títulos en galego e castelán e títulos achegados polos alumnos/as para compartir, respectando sempre os protocolos.

Agárdanse implementar máis iniciativas ao longo dos trimestres.

Que se tramará en cuarto? Tam,tam,tam... #plambe#bibliotecadeaula #planlecor #horadeler



10 dic 2021

RINCÓN DE LECTURA INFORMAL


 A nosa biblioteca cada día se mostra máis acolledora grazas á manta e ao coxín calcetados polos nosos alumnos e alumnas, que xa visten o sofá e a nova butaca. Pero se de estar cómodos se trata, tampouco debemos olvidar os recén chegados pufs, que completan o noso rincón de lectura informal. #plambe #bibliotecasescolares  #calceta

1 dic 2021

HORA DE LER

 Comezamos o mes de decembro cunha nova iniciativa no noso cole: a HORA DE LER. A partir de hoxe, todos os días o alumnado de primaria e secundaria (e o seu profesorado) dedicará 20 minutos da súa xornada escolar única e exclusivamente á lectura. Narrativa, ensaio, banda deseñada... dá igual!! O importante é que xermole en nós o gusto polos libros. #horadeler #plambe #bibliotecasescolares





25 nov 2021

25N: TECEMOS REDES DE ESPERANZA

 



As do club de lectura e o club de calceta de 3° e 4° da ESO queremos achegar o noso gran de area neste 25 de novembro: velaquí a manta violeta que fixemos entre todas.

Simboliza as redes que a nosa sociedade precisa para acoller ás que sofren violencia, ás mancadas, ás insultadas, ás marxinadas, ás apartadas por seren mulleres. A nosa manta, feita cos retallos que cada unha calcetou e que logo foron cosidos, quere reivindicar unha sociedade que coida e protexe a todas as mulleres que sofren pola súa condición feminina; a nosa manta quere berrar que somos quen de tecer unha sociedade non violenta, unha comunidade onde toda muller sexa libre, dona de si e non teña motivos para sentir medo polo mero feito de ser muller. 

Negámonos a crer que isto sexa unha utopía: cos pequenos xestos e esforzos de cadaquén imos construír esta comunidade aquí e agora, igual que tecemos a manta co retallo de cada unha. 

O noso amor, a nosa sororidade, non ha ser inútil. Existe a maxia e pode ser de todas!

#25N #club da calceta #club de lectura

20 nov 2021

XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

 O noso profesorado  continua formándose día a día! Así, o sábado 20 de novembro, desprazámonos a Compostela ás Xornadas de Bibliotecas Escolares de Galicia para aprender novas experiencias que poñer en práctica na nosa biblio. #plambe #bibliotecaescolar




MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

 Xa que estamos no mes da ciencia en galego nas bibliotecas, aproveitamos para facervos algunhas recomendacións lectoras: 

- "O espazo", un libro lúdico para resolver as dúbidas dos máis pequenos.

- "A que cheiran as cores?". O neurocientífico Juan Castro Rivadulla contesta a esa e outras moitas máis curiosidades.

- "A que altura está o ceo?" O físico Jorge Mira describe unha apaixonante viaxe no tempo, dende a Grecia clásica ata os máis recentes descubrimentos sobre o universo.

#plambe #bibliotecasescolares #mesdacienciaengalego





25 oct 2021

DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

Desde 1997, cada 24 de outubro  conmemórase o Día da Biblioteca. A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraxevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico. Na aula de 2° de ESO quixemos conmemorar este día analizando o importantísimo papel que xogan as bibliotecas na nosa sociedade. #plambe #diabibliotecas #bibliotecaescolar

7 oct 2021

Click de Playmobil!!!

 Xa que os rapaces e rapazas de secundaria están visitando estes días a exposición de Playmobil no MIHL,  aproveitamos para recomendar aos máis pequenos a lectura da colección "Profesións de Playmobil", dispoñible na biblioteca do noso cole. #playmobil #bibliotecapacomartin #bibliotecaescolar #plambe


28 may 2021

PICTOS NA BIBLIO


Continuamos traballando para facer do noso cole un lugar máis accesible e inclusivo. Así pois,  colocamos na biblioteca diferentes pictogramas que facilitan o uso das instalacións ás persoas afectadas por trastorno do espectro autista (TEA).

1 may 2021

RENOVACIÓN DAS MOCHILAS VIAXEIRAS

 Esta semana renovamos o contido das mochilas viaxeiras de 1° e 2° de primaria, para que os nenos e nenas sigan desfrutando do placer da lectura nos seus fogares. #mochilasviaxeiras #plambe #bibliotecaescolar 



23 abr 2021

DÍA DO LIBRO

No cole celebramos o 23 de abril compartindo cos nosos compañeiros e compañeiras as nosas lecturas favoritas; porque como di a escritora Elvira Ribeiro, "ler é un agasallo sen cancelas"






#plambe #díadolibro

ENTREGA DE PREMIOS




Hoxe no recreo  coñeceuse o fallo do xurado do I Certame Literario "Como diría don  Quijote...", organizado pola Biblioteca do centro en colaboración coa ANPA. Os premiados nas diferentes categorías foron:

- Lorena Soto (3°EP).

- Laura González (5°EP).

- Lucía Domínguez (2° ESO).

- Cinthia Teijeiro (2° ESO) (accésit).

- María López (3° ESO).

- Ariadna Castro (4° ESO) (accésit).


Ademais, a ANPA agasallou a todos os participantes.


#plambe #certameliterario #díadolibro #donquijote 

17 abr 2021

Novo material para as mochilas viaxeiras

 O alumnado de 5° de infantil achegouse esta semana á biblioteca do cole para recibir novos libros para as súas mochilas viaxeiras. Están encantados con esta actividade! #plambe #mochilasviaxeiras #bibliotecaescolar 


16 abr 2021

Seguimos na onda!

O deseño de Marta Abuín, alumna de 3° de ESO, galardoada cun accésit no concurso de logotipos da radio será utilizado como parte da decoración da nosa emisora.   #aRaDioMola #RDM #plambe #bibliotecaescolar


8 abr 2021

SEGUIMOS PREPARÁNDONOS PARA A RADIO

Aínda que xa tivo lugar antes de Semana Santa, damos noticia da continuidade das actividades de preparación do uso da radio. Aquí temos a alumnado de 4° de Primaria facendo exercicios de entoación e vocalización para se convertiren en grandes locutores. Seguimos!


7 abr 2021

NOVOS CARNÉS!!!

 Os alumnos e alumnas de 4° de educación primaria locen con orgullo os seus novos carnés da biblioteca!!! #plambe #bibliotecaescolar


8 mar 2021

8M - PENÚLTIMAS TENDENCIAS


 Dende o clube de lectura de 2° da ESO e xunto a alumnado de toda secundaria do centro, queremos recitar uns poemas para homenaxear a todas as mulleres que fixeron e fan avanzar o noso mundo. Vai por elas, vai por nós!! #8M #8marzo #díadamuller

4 mar 2021

OS MÁIS PEQUES ESTREAN A BIBLIOTECA!









Esta semana o alumnado de 3 anos visitaron a Biblioteca para recoller os novos libros que levarán ás casas nas súas mochilas viaxeiras. De camiño, aproveitamos para "ler" e contar un conto que nos fixo pasar a todos un cachiño agradable: "O segredo do rei Curro". Esta foi a súa primeira saída fóra da súa aula e patio habituais. Pasárono tan ben e portáronse tan estupendamente que haberá que volver!!

10 feb 2021

Radio montada e á espera de ser estreada!!

 Esta tarde, Luis Losada, de Radio Espora; acompañou  a parte do profesorado no bautismo radiofónico do Divino Maestro. En breve tocaralles o turno aos auténticos protagonistas: os alumnos/as. #radioescolar #plambe








5 feb 2021

1 ° PREMIO TRAPERO PARDO


Hoxe recibimos unha gran nova: Lucía Domínguez, alumna de 2°ESO, foi galardoada co primeiro premio no certame Trapero Pardo, que tantas alegrías nos leva dando nos últimos anos.  Parabéns!!! #traperopardo

Chibos Chibóns



 

Os nenos e nenas de 3 anos  disfrutaron moitísimo coa sesión de contacontos na aula, do álbum ilustrado en galego "Chibos Chibóns". Dá gusto velos tan atentos e metidos na historia que se conta! #plambe #contacontos

28 ene 2021

NACE O BLOG DO CLUBE DE LECTURA

Co peculiar nome que se pode observar, acaba de publicarse a primeira entrada do novo blog da sección dos máis pequenos do Club de Lectura "depapeletinta".

En breve serán moitas as entradas, os comentarios, as obras lidas... Avante toda!


https://arrasalibrosdm.blogspot.com/?


m=1

21 ene 2021

NOVO CONCURSO!!!



 

Como serán as mascotas da biblioteca e da radio que están deseñando os nenos e nenas de primaria?? 🤔 #plambe #RadioEscolar #bibliotecaescolar