27 may 2015

O veleno da risa

 
Despois de ler a última novela xuvenil publicada polo veciño de Lugo, Santiago Jaureguízar, este tivo a ben visitar -unha vez máis- o noso centro para debullar
O veleno da risa polo miúdo coas alumnas e alumnos de 1º da ESO.



Trátase da cuarta entrega da serie Un misterio para Tintimán, encetada hai xa varios anos con Corazón de chocolate. Ao longo da serie, un mozo compostelán, precoz xornalista, vai  desenguedellando misterios ao tempo que cultiva unha peculiar relación coa súa moza, Mónica. Nas súas andainas acompáñao sempre o seu peculiar gato, o señor Grozni, que tampouco pasará desapercibido.

De todo isto, e moito máis, falou Jaureguízar ao longo de casi unha hora, ante un auditorio moi atento, pero expectante ante a quenda de preguntas: abriuse entón un moi fluído diálogo entre autor e lectores, quen comentaron, apuntaron, criticaron... con gran detalle e demostrando a atención posta na lectura.

Rematamos, non podís ser doutro xeito, coa sinatura da obra por parte do noso convidado. Agardamos repetilo!


No hay comentarios: