27 oct 2014

GHALEGHO



Ghalegho, o vídeo de Noelia Gómez Calvo para un traballo na Facultade de Xornalismo de Compostela, artellado coa intencionalidade de desmontar os prexuízos lingüisticos entre a mocidade e promover o uso do galego, así como defender a variante dialectal das Rías Baixas, caracterizada polo emprego do seseo e da gheada, en pouco máis dunha semana supera os 80.000 visionados. Unha cifra impresionante que dá para reflexionar sobre o valor deste soporte. 
Protagonizado por catro mozos e mozas dos concellos de Rianxo e Dodro, utilizando argumentos sólidos presentados de forma sinxela, botando man da retranca e da fachenda de serm galegofalantes, esta peza de pouco máis de dous minutos convertiuse nun fenómeno viral  de grande interese para recuperarmos a nosa autoestima lingüística e a esperanza en que nosa mocidade será capaz de parar o proceso actual de substitución lingüistica. 
Beizóns a Noelia e os compañeiros que a acompañan por esta refolada de entusiasmo.
(Brétemas dixit)

No hay comentarios: