11 dic 2012

RAPAZAS

Paula Elí, de 4º da ESO, leu e recomenda "Rapazas", de Agustín Fernández Paz.




Isto é o que nos escribiu: "Este último libro que lin en galego reultoume bastante interesante, xa que en moitos casos conseguín sentirme identificado con algunha das personaxes. Reflicte o mundo novo que os mozos adolescentes estamos a descubrir. Trata, en moitos casos, dos sentimentos, do colexio, da familia, do noso entorno en xeral... É un dos mellores libros que teño lido en galego ata o momento e
recoméndoo sen dúbida algunha."

 

Fiádevos, pois, das palabras de Paula e lede esta obra de Agustín Fernández Paz,  todo un mestre e gran contador de historias, sen dúbida. O máis lido no noso centro. Por algo será.

1 comentario:

Anónimo dijo...

Certo é que algunha das historias que se conta en "Rapazas" está ben,pero a min pareceume un pouco lioso polos personaxes.
De feito, gústame moito Agustín Fernández Paz e sentínme máis identificada, por exemplo, con outras das súas novelas como "13 anos de Branca".
Nesta obra da que fala Paula Elí trátanse temas cercanos a nós e iso gustoume, pero ás veces non tanto.

PAULA GUERRERO