12 ene 2017

PREMIOS!


Empeza ben o ano 2017! 
Dous alumnos de 2º da ESO do noso cole, Santiago García e Lucía Carreira, veñen de gañar os dous primeiros premios no XXII CONCURSO DE RELATOS CURTOS "TRAPERO PARDO" que organiza o Concello de Lugo para centros de toda a provincia. Maior honra tendo en conta a alta participación nesta edición, segundo destacou o xurado.

Ámbolos dous son activos membros do Clube de Lectura do colexio, o que nos alegra dobremente!
Parabéns aos premiados e todos a seguir escribindo!

 

FELIZ ANO E FELICES LECTURAS

Resultado de imaxes para LIBROS GALEGOS

MOI BOAS A TODAS E A TODOS! ESTAMOS DE VOLTA. 
Arrinca o 2017 e enviámosvos os nosos mellores desexos, moi especialmente desexámosvos os mellores libros para este ano que estamos a encetar.
Imos aló!!

11 dic 2016

VISITA A "El Progreso"

Tal e como recolleu o xornal local, o alumnado de 2º e 3º da ESO visitou recentemente as instalación que "El Progreso" ten no polígono do Ceao, onde coñeceron de primeira man todo o proceso de fabricación dun xornal.


Asemade, resultou tamén unha xornada de animación á lectura, neste caso de xornais, e de certa vertixe histórica ao nos achegar aos cambios que ao longo do tempo sufriu a histórica cabeceira local.

28 nov 2016

NOVOS TALENTOS

Resultado de imaxes para concurso novos talentos coca cola

De novo o alumnado de 2º da ESO disponse a participar no concurso que todos os anos organiza a multinacional americana no noso país. Este ano farémolo, moi probablemente, nas dúas versións -en galego e en castelán- aló polo mes de marzo. Iniciamos, pois, a fase de selección; desta volta contamos con responsables da empresa para a presentación, que suscitou expectación entre o alumnado. Sorte para todos!



27 oct 2016

CASTAÑAS, CABAZAS, FOTOGRAFÍAS, FROITOS... OUTONO


Ao longo de toda a semana puidéronse ver no noso colexio moitos exemplos de collage, fotografías de outono, exposición de froitas e froitos da nosa terra... e hoxe culminamos co MAGOSTO, comendo castañas, xaora, e o concurso-exposición de cabazas talladas e decoradas. Velaquí unha pequena mostra de todo isto:

 

 

 


Parabéns a todos os participantes polo enorme e magnífico traballo!!