27 abr 2013

QUE TAL VOS PINTA?

Talvez nas fotografías non se aprecia demasiado ben, pero rematamos a remodelación da Biblioteca por este curso. Despois de recolocar andeis, redistribuír o  espazo, cambiar algún cadro, mercar expositores e repintar algunhas paredes este é o aspecto definitivo do local.  
Que vos parece?


A nós parécenos que o local resulta agora máis acolledor.
En todo caso, o verdadeiramente importante non é o envoltorio, senón o contido, as lecturas e as actividades que aquí sexamos quen de levar a cabo, non si?

Por certo, non notades nas imaxes un cheiriño agradable... un arrecendo a bolboretas...?
Non, non é a pintura.
É o final de curso que xa se albisca aí adiante...

E xa van aló 70 entradas e 7000 visitas...

No hay comentarios: