Os de 4º e 5º de Primaria remataron a actividade de animación á lectura que argallamos ao redor da obra "A odisea contada aos nenos". Vaia, que fomos chegando a Ítaca.
E fixémolo da man de Benxamín Míguez, que nos desvelou segredos, curiosidades e moitas, moitas cousas interesantísimas sobre os gregos, os troianos, os barcos, Ulises, Ítaca...
Os de 4º, primeiro, estiveron superatentos, e ata se divertiron ben!
Logo foi a quenda da actividade final:
reconstruír o barco de Ulises!
Pouco a pouco, achegámonos ao obxectivo...
Máis tarde, despois do tempo de lecer, foi o tempo dos de 5º de Primaria, que xa desde o principio lle poñían boa cara á navegación polo Mediterráneo...
Despois de escoitar a Benxamín tamén tocou
"reparar" o barco...
Pero os mariñeiros tiñan cara de satisfacción...
E agora... cadaquén a facer a súa viaxe
e buscar a súa Ítaca!
No hay comentarios:
Publicar un comentario