Continuamos os traballos de remodelación e pintado da Biblioteca! Xa hai un tempiño que pediramos voluntarios para o traballo forte de pintura e aquí temos a algúns deles colaborando decisivamente para poder levar a cabo este "baño de cor."
Agora xa podemos dicir que por fin chegou
a primavera á Biblioteca!
Fixádevos como se vai vendo o cambio nas paredes: dixo Yoel que agora o ambiente sería menos "hospitalario." Non estaba mal, de todas formas... a Bilioteca coma un "hospital." Como lugar de curación...
Auténticos "reis do rulo" ou "cracks da brocha" en plena acción: comparade coa primeira foto e fixádevos no fondo!
No hay comentarios:
Publicar un comentario