Venres, 22 de febreiro de 2013   12:00 h. 

O Colexio Divino Maestro de Lugo convoca un acto de homenaxe á autora de "Cantares Gallegos" no 150 aniversario da súa publicación. Con tal motivo decidimos organizar un sinxelo recital, en colaboración co Concello de Lugo, que será protagonizado por alumnos de secundaria dos diferentes centros da cidade amurallada que aceptaron este convite (IES Ánxel Fole, CPR Inmaculada-Maristas, IES Lucus Augusti, IES Nosa Señora, CPR San José, CPR Fingoi, IES Xoan Montes). Ademais, contaremos coa participación de persoeiros do ámbito literario como Marica Campo e Darío Xohán Cabana.

Se che parece boa idea, aí abaixo podes darlle ao  f de"compartir en facebook" ou en calquera outra das redes sociais. Obrigados