21 dic 2021

NADAL NA BIBLIO



 Tic, tac, tic, tac… Xa está aí o Nadal!!! Estes son algúns dos títulos que temos na nosa biblioteca ambientados nestas festas:

- NAVIDADES CON MANNY. Manny Manitas descubrirá o auténtico significado do Nadal participando na festa de Kelly.

- ¡FELIZ NAVIDAD, PEPPA! Celebra a Noiteboa con Peppa e a súa familia realizando un gran boneco de neve. 

- OS BOLECHAS FESTEXAN O NADAL. A familia creada por Pepe Carreiro prepárase para celebrar estas datas por todo o alto. 

- ESTACIÓN NADAL. Mamá Cabra canta ao Nadal e aos Reis Magos. 

- KIKA SUPERBRUXA E O FEITIZO DE NADAL.  Ante a falta de espírito de Nadal, Kika argallará un auténtico feitizo para recuperar a maxia do momento.

- EL CASO DE PAPÁ NOEL. Charly e os seus amigos enfrontaranse a unha banda de delincuentes que actúan baixo o inocente traxe de Papá Noel en vésperas de Nadal.

- CANCIÓN DE NAVIDAD.  Un clásico de Charles Dickens que ten a Ebenezer Scrooge, un vello avaro, como protagonista desta alegación en favor do Nadal.

- OS REIS MAGOS.  Unha sorprendente visión da historia dos Reis Magos, chea de reflexións filosóficas, parodia  e espiritualidade.

LECTÓMETRO

 O alumnado de 4⁰ de EP está a por en marcha unha actividade motivante de animación á lectura dentro da "Hora de Ler".Trátase dun lectómetro, ferramenta didáctica que permite iniciar e afondar no gusto pola lectura.

A actividade consiste en que o alumnado escolla un libro da biblioteca de aula para ser lido no tempo diario adicado a tal fin. Unha vez rematado, exporán de forma oral un breve resumo do lido, así como a parte que máis lles gustou. Posteriormente descolgaranse os lectómetros do corcho da aula e colorearase o lombo dun libro, como certificación de libro lido.

A biblioteca de aula consta de comics, libros do Plan Lector, títulos en galego e castelán e títulos achegados polos alumnos/as para compartir, respectando sempre os protocolos.

Agárdanse implementar máis iniciativas ao longo dos trimestres.

Que se tramará en cuarto? Tam,tam,tam... #plambe#bibliotecadeaula #planlecor #horadeler



10 dic 2021

RINCÓN DE LECTURA INFORMAL


 A nosa biblioteca cada día se mostra máis acolledora grazas á manta e ao coxín calcetados polos nosos alumnos e alumnas, que xa visten o sofá e a nova butaca. Pero se de estar cómodos se trata, tampouco debemos olvidar os recén chegados pufs, que completan o noso rincón de lectura informal. #plambe #bibliotecasescolares  #calceta

1 dic 2021

HORA DE LER

 Comezamos o mes de decembro cunha nova iniciativa no noso cole: a HORA DE LER. A partir de hoxe, todos os días o alumnado de primaria e secundaria (e o seu profesorado) dedicará 20 minutos da súa xornada escolar única e exclusivamente á lectura. Narrativa, ensaio, banda deseñada... dá igual!! O importante é que xermole en nós o gusto polos libros. #horadeler #plambe #bibliotecasescolares