Aínda que xa tivo lugar antes de Semana Santa, damos noticia da continuidade das actividades de preparación do uso da radio. Aquí temos a alumnado de 4° de Primaria facendo exercicios de entoación e vocalización para se convertiren en grandes locutores. Seguimos!
8 abr 2021
7 abr 2021
NOVOS CARNÉS!!!
Os alumnos e alumnas de 4° de educación primaria locen con orgullo os seus novos carnés da biblioteca!!! #plambe #bibliotecaescolar
8 mar 2021
8M - PENÚLTIMAS TENDENCIAS
Dende o clube de lectura de 2° da ESO e xunto a alumnado de toda secundaria do centro, queremos recitar uns poemas para homenaxear a todas as mulleres que fixeron e fan avanzar o noso mundo. Vai por elas, vai por nós!! #8M #8marzo #díadamuller
4 mar 2021
OS MÁIS PEQUES ESTREAN A BIBLIOTECA!
Esta semana o alumnado de 3 anos visitaron a Biblioteca para recoller os novos libros que levarán ás casas nas súas mochilas viaxeiras. De camiño, aproveitamos para "ler" e contar un conto que nos fixo pasar a todos un cachiño agradable: "O segredo do rei Curro". Esta foi a súa primeira saída fóra da súa aula e patio habituais. Pasárono tan ben e portáronse tan estupendamente que haberá que volver!!
10 feb 2021
Radio montada e á espera de ser estreada!!
Esta tarde, Luis Losada, de Radio Espora; acompañou a parte do profesorado no bautismo radiofónico do Divino Maestro. En breve tocaralles o turno aos auténticos protagonistas: os alumnos/as. #radioescolar #plambe
5 feb 2021
1 ° PREMIO TRAPERO PARDO
Hoxe recibimos unha gran nova: Lucía Domínguez, alumna de 2°ESO, foi galardoada co primeiro premio no certame Trapero Pardo, que tantas alegrías nos leva dando nos últimos anos. Parabéns!!! #traperopardo
Chibos Chibóns
Os nenos e nenas de 3 anos disfrutaron moitísimo coa sesión de contacontos na aula, do álbum ilustrado en galego "Chibos Chibóns". Dá gusto velos tan atentos e metidos na historia que se conta! #plambe #contacontos
Suscribirse a:
Entradas (Atom)