Co gallo do Día do Libro os membros dos distintos Clubes de lectura do cole organizamos un sinxelo acto para conmemorar a efemérides. Tivemos música, poesía, discurso, agasallos... vaia, que foi breve pero
cheo de contido!
Aquí están os protagonistas a piques de comezar:
Abriu o acto Diego Basadre, de 4º da ESO, que nos marabillou co seu saxo:
Despois da música feliz de Diego, demos lectura ao texto que Agustín Fdez. Paz propuxo no seu blog.
Javi Suárez comezou, pois, lendo un poema de Borges:
Seguiu Laura Saavedra cun outro poema de
Álvaro Cunqueiro:
E rematou Jenni con palabras sabias e convidadoras do propio Agustín:
Logo viñeron as mensaxes: os Piratas polo Miño foron debullando razóns para ler e facendo o mural conmemorativo:
E como colofón, sorteamos un libro e un marcapáxinas, que para todos os dos clubes non había! Quen foron os que Fortuna bendeciu? Dúas piratas (polo Miño):
Aínda volveu soar o saxo de Diego para pór fin ao acto que levamos a cabo no corredor da Biblio que hoxe estaba sendo pintada e non se podía utilizar...
o ano que vén, se Deus quixer!
No hay comentarios:
Publicar un comentario