Aí temos aos nosos campións, preparados para xantar o mundo, escoitando atentamente as instrucións antes de entrar na II fase -a provincial- do concurso literario que cada ano organiza a transnacional americana de refrescos e bebidas.
Vito, Dánel, Laura e Karla foron os representantes do Divino Maestro que pelexaron esta tarde bravamente con 28 compañeiros chegados de todo Lugo e sur da provincia. Desexámoslles a mellor das sortes a todos eles.
Por certo, concurso en Lingua Galega e nós presentamos a un de Bos Aires, unha moza de Cuba, outro de orixe vasca... e el será un signo de optimismo para a lingua propia ou máis ben todo o contrario? Ou será mera anécdota?
Vén isto a conta do tema da composición:
...que así mo pediron
que así mo mandaron,
que cante e que cante
na lingua que eu falo!
Rosalía. Sempre.
No hay comentarios:
Publicar un comentario