25 dic 2020

CONTINÚA CHEGANDO MATERIAL


 

Continúa chegando material para a nosa biblioteca!!! Neste caso, 5 tablets coas que poderemos ler, investigar, xogar... #plambe #bibliotecaescolar

21 dic 2020

Lecturas no Nadal

 





En secundaria tamén se suman á lectura no Nadal!! #plambe #bibliotecaescolar #lecturasnadal

Guía de lecturas para o Nadal

 











Os nenos e nenas de infantil e primaria recibiron estes días un pequeno agasallo: unha guía de lecturas en galego para o Nadal. Pode haber mellor plan para estas vacacións que viaxar coa imaxinación e a lectura? #plambe #bibliotecaescolar #lecturasnadal

18 dic 2020

PASENIÑO, PASENIÑO... IMOS FACENDO CAMIÑO

Máis amodo do que nos gustaría, van chegando materiais para traballar proximamente. A nosa radio xa ten micros e mesa de mezclas: no segundo trimestre comezaremos a argallar para seguir mellorando a escola. Escoitarémonos!#plambe #bibliotecaescolar #radioes


colar

17 dic 2020

PREPARANDO A BIBLIO "POSPANDEMIA"


Comezan a chegar novos materiais para a Biblio do futuro. Así que poidamos xogar, tocar, compartir... Imos ter moito que facer e que disfrutar na Biblioteca do centro...#plambe #bibliotecaescolar 

13 dic 2020

ENTREGA DE CARNÉS

 








Os nenos e nenas de 2° de primaria recibiron este venres, con gran ilusión, os seus novos carnés da biblioteca. Ademais,  distintos cursos de primaria e infantil continuaron desfrutando da experiencia das mochilas viaxeiras. 

10 dic 2020

CERTIFICADO DESTACADO EN FICTION EXPRESS

 

Lucía Domínguez, alumna de 2° ESO, recibiu un certificado da plataforma Fiction Express pola calidade dos comentarios no foro do libro "Quiero ser popular" de Víctor Panicello. NORABOA!!! 


29 nov 2020

NOVO CLUB DE LECTURA


Bota a andar un novo club de lectura, neste caso dos nenos e nenas de 6° de primaria, que tiveron a súa primeira xuntanza o pasado venres. Será un grupo magnífico ao que contamos que se unan novas incorporacións nos vindeiros días!! #plambe #clublectura #bibliotecaescolar

22 nov 2020

INFANTIL TAMÉN LE!!!

 




Os nenos e nenas de infantil estrenaron este venres bolsiñas lectoras!! Nelas, cada semana, poderán levar para casa distintas lecturas para compartir coas súas familias.#plambe #bibliotecasescolares  #mochilasviaxeiras

21 nov 2020

ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA

 



Do 19 ao 21 de novembro compoñentes do Equipo da Biblioteca do noso cole participaron no Encontro de Bibliotecas Escolares de Galicia 2020 que, por mor da pandemia, tivo que celebrarse telematicamente. Un curso máis, escritores, bibliotecarios e docentes compartiron as súas andainas no mundo da biblioteconomía e contaxiaron a súa ilusión e bo facer. #plambe #bibliotecasescolares

10 nov 2020

FICTION EXPRESS

 



FICTION EXPRESS

O alumnado de 1° de ESO baixou hoxe á aula de informática (que goza de novas mamparas) para comezar a ler o libro "Quiero ser popular" na plataforma Fiction Express. Así, despois de ler o primeiro capítulo, os rapaces e rapazas puideron votar sobre cómo continuará a historia, interactuar co autor e outros lectores a través do foro, cubrir un cuestionario online... Ademais, dende as súas casas, poderán facer o mesmo con outras lecturas de distintas temáticas e niveis. Nós próximos días, outras clases, dende 5° de primaria ata 4° de ESO, tamén se poderán unir a esta iniciativa. #bibliotecaescolar #plambe #fictionexpress

7 nov 2020

CLUB DE LECTURA DE 1° ESO

 CLUB DE LECTURA?? AVANTE TODA 

Continúan arrincando as distintas seccións do Club de Lectura depapeletinta: aquí temos algúns intrépidos grumetes de 1° da ESO, que onte tiveron o seu primeiro encontro. Haberá máis e serán mellores! #clubdelectura #plambe #bibliotecaescolar


MOCHILAS VIAXEIRAS

 Botaron a andar as primeiras mochilas viaxeiras en 1°, 2° e 4° de primaria. Nenas e nenos  compartirán coas  súas familias os  libros, as películas e a música cos que a mochila vai cargada. Ademais, as familias poden realizar suxestións ou contar a experiencia de lectura compartida no "diario da mochila". #mochilasviaxeiras

#plambe

#bibliotec





aescolar

5 nov 2020

 


Como ben sabedes, o noso colexio forma parte da rede PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) dende o curso pasado e, un ano máis, solicitamos unha subvención para continuar a mellorar a nosa benquerida biblioteca. Onte publicouse a resolución provisional coas contías a recibir por cada centro e... estamos de noraboa!! Recibimos, nada máis e nada menos, que 12.540 euros!!!!!

Estes cartos non só nos permitirán mercar novos fondos e mobiliario (tarefa xa comezada no curso 19-20); senón que poderemos adquirir unha gran cantidade de material para crear unha magnífica biblioteca inclusiva e unha radio escolar; si, lestes ben, unha radio no cole. Manterémosvos informados de todas as novidades, estade atentos!!!

3 nov 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

Nos vindeiros días comezará unha nova andaina das mochilas viaxeiras, iso si, gardando todas as medidas de seguridade: desinfección das mesmas e corentena entre entregas. Como novidade, este curso ampliaremos a actividade a 1° e 4° de Educación Primaria.

Preparados para ler?









2 nov 2020

 ARRINCA O CLUB DE LECTURA


Coas limitacións que nos impón a pandemia, sen galletiñas, sen tanta xente, con distintas seccións para cada curso, contra vento e marea, contra virus e bacterias... comeza a súa andaina o Club de Lectura 2020/21.

E aquí están cinco intrépidas mozas de 2° da ESO dispostas a desafiar o temporal vírico e adentrarse no proceloso universo de papel e tinta. Comezamos retomando o asunto onde o deixamos o curso pasado: "O bestiario científico de Anxos Nogueirosa" será a nosa primeira proposta.

Vento nas velas!!

31 oct 2020

LETRAS GALEGAS: CARVALHO CALERO

 LETRAS GALEGAS

Este ano, a crise sanitaria obrigou a aprazar a celebración do Día das Letras Galegas ao sábado 31 de outubro. A Real Academia Galega elixiu esta data para render tributo ao traballo de quen tería cumprido hoxe 110 anos. Dende o cole rendemos a nosa humilde homenaxe a Ricardo Carvalho Calero coa lectura colectiva de

"As pitas baixo a chuvia"



18 oct 2020

18 DE OUTUBRO: ESTAMOS DE VOLTA. NOVA NORMALIDADE

                                                 NOVA NORMALIDADE

 

Despois de tantos meses, volvemos abrir a biblioteca!! Coma sempre, retomamos este blog o 18 de outubro, día de San Lucas, patrón do Mondoñedo de Álvaro Cunqueiro; vento nas velas!!

Como xa sabedes, o curso pasado, e grazas aos fondos achegados polo PLAMBE, comezamos a remodelar a Biblioteca: novo chan, paredes recén pintadas, mobiliario a estrear… Aínda queda moito por facer, pero mentres tanto imos funcionando; iso si, adaptándonos ás medidas marcadas polo protocolo Covid que ledes a continuación:


PROTOCOLO DE USO DA BIBLIOTECA





  • Ventilación: as portas permanecerán sempre abertas; e as ventás, o maior tempo posible

 

  • Aforo: 50%, é dicir, 12 persoas. Só poderá coincidir un único “grupo- aula”, mantendo sempre a distancia social.

 

  • Sinalización: indicarase no chan o sentido de circulación dos usuarios, así como o mobiliario do que se pode facer uso. Non se poderá coller libros dos estantes; haberá que dirixirse ao mostrador da biblioteca ou levantar a man e solicitarllo á persoa responsable nese momento.

 

  • Desinfección: é obrigatorio o uso de máscara e de xel hidroalcólico, tanto á entrada como á saída. A bibliotecaria desinfectará os postos de lectura despois de cada uso (incluída a mesa do profesor).

 

  • Préstamo: farase de forma habitual, aínda que os materiais devoltos deberán permanecer separados, a efectos de prevención, un prazo de 24 horas como mínimo (agás que as autoridades sanitarias, educativas e do ámbito bibliotecario estipulen outros prazos maiores). É dicir, devólvense un día e colócanse ao día seguinte.

 

  • Devolucións: faranse nun carriño colocado na entrada e o/a alumno/a non terá que facer máis nada que depositalo nel. Será ao día seguinte, cando o/a encargado/a da biblioteca terá que rexistrar a devolución e colocalo no estante correspondente.

 

  • Xogos: non se permitirá o uso de xogos que impliquen un uso compartido.



 

 

7 feb 2020

PREMIO, PREMIO!


XXV certame de Contos e Relatos Curtos Trapero Pardo

Unha ano máis, o CPR Divino Maestro estivo presente na entrega de premios dun dos certames literarios xuvenís máis importantes da provincia e que, no noso caso, estivo organizado e impulsado polo Equipo de Biblioteca. Desta volta foi Samuel Viño (2°ESO) quen acadou o segundo premio na categoría de 12 a 14 anos, valorado en 100 euros. 

Parabéns!!!!


La imagen puede contener: una persona, texto