Imos achegándonos a maio e bolen as actividades e os concursos arredor das letras e a lingua que nos son propias. Tamén, como non, temos o certames que no noso cole convoca o Equipo de Dinamización da Lingua para homenaxear a Vidal Bolaño. Imos aló cos de PRIMARIA:
CERTAMES LETRAS GALEGAS 2013
1º CICLO DE EP: concurso de debuxo
· Os debuxos presentaranse nun folio A-4
· O tema será: Vivir en Galicia
· O prazo de presentación remata o 3 de maio
· Os traballos asinaranse cun seudónimo e acompañados dun sobre co seudónimo escrito fora; dentro deben introducir un papel co nome e apelidos, así como o curso do alumno.
· Estableceranse dous premios por categoría
· A entrega de premios farase o día 16 de maio durante a celebración do festival das Letras Galegas
2º CICLO DE EP: concurso de debuxo con lema
· Os traballos presentaranse no plantel ofrecido polo ENDL
· O tema versará sobre a potenciación do uso do galego
· O prazo de presentación remata o 3 de maio
· Os traballos asinaranse cun seudónimo e acompañados dun sobre co seudónimo escrito fóra; dentro deben introducir un papel co nome e apelidos, así como o curso do alumno.
· Estableceranse dous premios por categoría
· A entrega de premios farase o día 16 de maio durante a celebración do festival das Letras Galegas
3º CICLO DE EP: concurso de narración
· Os traballos terán unha extensión máxima dun folio A-4 polas dúas caras
· O tema será: Galicia
· O prazo de presentación remata o 3 de maio
· Os traballos asinaranse cun seudónimo e acompañados dun sobre co seudónimo escrito fóra; dentro deben introducir un papel co nome e apelidos, así como o curso do alumno.
· Estableceranse dous premios por categoría
· A entrega de premios farase o día 16 de maio durante a celebración do festival das Letras Galegas
No hay comentarios:
Publicar un comentario