28 ene 2021

NACE O BLOG DO CLUBE DE LECTURA DE 6° DE PRIMARIA

Co peculiar nome que se pode observar, acaba de publicarse a primeira entrada do novo blog da sección de 6° de Primaria do Club de Lectura "depapeletinta".

En breve serán moitas as entradas, os comentarios, as obras lidas... Avante toda!


https://arrasalibrosdm.blogspot.com/?


m=1

21 ene 2021

NOVO CONCURSO!!!



 

Como serán as mascotas da biblioteca e da radio que están deseñando os nenos e nenas de primaria?? 🤔 #plambe #RadioEscolar #bibliotecaescolar

20 ene 2021

ARRINCA O CLUB DE LECTURA DOS MAIORES

 

Hoxe comezou o club de lectura dos maiores do cole, que no sucesivo se reunirá todos os mércores no tempo de recreo. Empezaremos lendo un cómuc, "O inferno do debuxante" de Kiko Dasilva, para continuar por "Ons", de C. Meixide... Somos poucos, pero afoutos! E con este grupo son xa case 40 as mozas e mozos que se integran no club: VENTO NAS VELAS!!


18 ene 2021

CONCURSO DE LOGOTIPOS DA RADIO E DA BIBLIOTECA

A nosa futura radio e a reformada biblioteca



precisan dun "logos" que as identifiquen. Se es alumno de secundaria do noso cole, anímate a deseñalos e a deixar a túa pegada para a posteridade. Consulta as bases e, se tes dúbidas, diríxete ao persoal da biblioteca. #plambe #bibliotecasescolares #radioescolar