Intenso día de Rosalía o que vivimos hoxe no colexio e na cidade de Lugo
.24 de febreiro.
Con maior ou menor acerto a verdade é que conseguimos espertar moito interese e crear grande expectación coa que argallamos desta volta: sacar a Rosalía á rúa e lermos os seus poemas para compartilos coa xente.
Empezamos contando coa presenza da propia Rosalía rediviva e do seu marido, don Manuel Murguía:
E do cole á rúa: Xa na Praza Maior, veña a falar coa xente, atender aos medios...
(fai clic nas imaxes para aumentar o tamaño)
Pero isto non foi todo: ao volver ao cole veña de novo Rosalía a percorrer de novo as aulas de Primaria e Infantil para saudar aos pequenos, repartir marcapáxinas, colocar pegatinas...
Nalgunha aula mesmo sacamos imaxes tan bonitas coma esta:
E na saída de Primaria, volta os "voluntarios rosalianos" a ler poemas ás mamás e papás, a repartir pegatas... velaí todos os peitos adornados cos autocolantes que deseñamos!
Mañá -hoxe non hai máis folgos- subiremos novas imaxes e máis cousas sobre este 24 de febreiro tan agotador, pero que resultou tan rosaliano, tan gratificante, tan emocionante e tan... tan divertido, por que non dicilo?
No hay comentarios:
Publicar un comentario