Para culminar unha semana frenética , cheíña de actividades, hoxe oito alumn@s de Secundaria desprazáronse a Radio Lugo para gravar senllos poemas de Manuel María.
Tratábase de reivindicar a obra do poeta da Chaira e pedir así que lle sexa adicado o Día das Letras. E as mozas e mozos do "Divino Maestro" fixérono con poemas tirados das obras "Terra Cha", "Documentos Personaes", "Os soños na gaiola"...
O que hoxe se gravou emitirase a finais de marzo ou primeiros de abril, pero diso xa falaremos ao seu debido tempo. Esperamos a visarvos con tempo para poder escoitalo nas aulas e nos fogares, como non?
No hay comentarios:
Publicar un comentario