Chégannos noticias desta película,que está en carteleira nos cines de Lugo, e falan dela en termos moi eloxiosos no que respecta á visión que dá da lectura e da literatura:
Así fala Manuel Bragado, Brétemas, -director de Ed. Xerais- desde o seu blog, www.bretemas.com :
(...)
As interpretacións de Geoffrey Rush e Emily Watson, a utilización da Morte como narradora (un recurso narrativo presente xa na novela de Zusak) e algunhas esceas memorables –como cando o xudeu agochado lle propón a Liesel, a heroína lectora, que lle describa o tempo que vai fóra, ou cando ela comeza a contar no refuxio antiáereo, engaiolando a súa veciñanza, mentres caen as bombas– abondan para recomendar vivamente esta película. Ademais, convén salientar o seu indubidable carácter de recurso didáctico, xa que pode axudar nas clases de lingua e literatura para abordar o tema do valor das palabras (vida) e da creación literaria coma mellor representación do mundo. Ideal para persoas letraferidas e para debater nos clubs de lectura de mozos e mozas."
No hay comentarios:
Publicar un comentario