Hoxe non traemos fotos das "afilladas e afillados" lectores a esta bitácora, porque esta semana non tocaba traballo conxunto, senón que os mozos de terceiro estiveron pola mañá lendo álbums ilustrados e preparándose para lles relatar cadansúa historia aos seus respectivos afillados a semana que vén...
E non dirá ninguén que non amosaban entusiasmo polo seu labor!
Non se lles vía nin a cara detrás do libro!
Aínda que logo xa se foron relaxando...
E algúns riron cos seus libros, outros quedaron todos serios,
ou tiveron que pensalos dúas veces...
A semana que vén as madriñas e padriños imos sorprender aos afillados!
No hay comentarios:
Publicar un comentario