12 jun 2013

VOLVE O HOBBIT: A desolación de Smaug.

Para Ichigo Kurosaki, que moito gustará desta entrada!



Acaba de facerse público o tráiler oficial da segunda parte de El Hobbit, que leva coma subtítulo La desolación de Smaug.
A estrea terá lugar o 13 de decembro. Xa nos parece un agasallo de Nadal magnífico! Aínda temos na retina as impactantes imaxes de Un viaje inesperado que os dos clubes de lectura fomos ver o pasado decembro... para os que gustamos da épica, de Tolkien e das pelis de Peter Jackson as imaxes resultan hipnóticas...
e semella que introduciron algún cambio na historia: que fai aí Légolas? Será fiel ao "espírito" do gran Tolkien?? Esta peli pon fin á historia ou haberá terceira parte??

1 comentario:

Unknown dijo...

Debo de estar soñando ou teño visións, porque poucas veces sentín tal ledicia no meu peito. Aínda por riba, seino agora en verán, é dicir, terei que esperar impaciente todo o verán e mais o outono para ver esta obra de arte; pero vamos, que o bo sempre está ao final do camiño.