Como o prometido é débeda, aínda que "en tempo de desconto", aquí están as imaxes dos peques de 5 anos chegando á Biblioteca coa súa titora, Olga. Aí os tedes ensinando orgullosamente os seus carnés para poderen entrar.
E aquí os temos escoitando "O segredo do rei Curro" que Adrián del Río, alumno de 2º da ESO, lles quixo contar para lles dar a benvida a este espazo do noso cole e agasallalos como merecen...
E ao remate quixemos saber... a quen lle
gustou???
Parece que a moitos
Agardamos velos por aquí con moita frecuencia
no futuro.
No hay comentarios:
Publicar un comentario