O curso vai rematando e xa cómpre ir pensando no futuro... estes mozos que aparecen aquí no vídeo (patrocinado, se cadra non inocentemente, por Telefónica) apuntan cara a unh educación que, semella, estará inequivocamente marcada pola tecnoloxía...
... en troques, escoitabamos hai uns días a un catedrático compostelán falar na TV dun tempo de "barbarie tecnolóxica": mozos universitarios incapaces de ler un libro completo, dificultades para facer algo máis que cortar e pegar... cara onde imos?
Respectamos estes plantexamentos, pero non podemos compartilos... se se quere abordar con éxito o desafío tecnolóxico, cómpre ir arranxando as Bibliotecas dos centros: para desenvolver o espírito crítico, para descubrir os grandes valores e dilemas humanos, para aprender a distinguir o importante do irrelevante, para pensar, para que manden a mente e o corazón humanos -e non as pantallas-, para saber relacionarnos cos outros, para.... Todo o demais parécenos falsidade e impostura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario