14 feb 2013

ROSALÍA!




Vai rematando o Entroido, imos entrando na Coresma; queremos ir dándolle cabo ao inverno e encetando a primavera, que non quere irse vindo... así que para ir animándonos imos armar unha pequena -ou non tan pequena- festa.
Acontece que o 24 de febreiro é o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. E acontece que este 2013 se cumpren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos. E acontece que isto merece ser celebrado.
E como? Pois imos organizar un pequeno -ou non tan pequeno- recital no Parque de Rosalía ao que convidamos a todos os centros de Secundaria da cidade de Lugo. A todos. E non todos contestaron, pero moitos fixérono e dixeron que si. De modo que o vindeiro venres, 22 de febreiro, rendirémoslle homenaxe a dona Rosalía Castro e Murguía ás 12:00 h. a carón do seu busto. E como podiamos homenaxeala? LÉNDOA.
Seguiremos informando.
Atendan, se lles prace. 
Cantarte habemos, Rosalía...

No hay comentarios: