E van catro seguidas. Facendo gala de enxeño,humor e creatividade, un grupo de alumnos/as de diferentes cursos do Divino Maestro, gañaron onte, por cuarto ano consecutivo un dos premios do concurso infantil de disfraces que organiza
o Concello de Lugo.
Desta volta, máis outra vez, O PRIMEIRO PREMIO, con orixinalísimos e traballados difraces de bonecos recortables feito de cartón pintado.
o Concello de Lugo.
Desta volta, máis outra vez, O PRIMEIRO PREMIO, con orixinalísimos e traballados difraces de bonecos recortables feito de cartón pintado.
Por cuarto ano, tamén, os participantes decidiron doar o agasallo (un lote de libros ou material escolar) ás Bibliotecas de Aula e á Biblioteca do Centro. E por iso traemos aquí esta nova: PARA DARLLE AS GRAZAS AOS MOZOS E MOZAS que nos axudan a mellorar os nosos fondos EN BENEFICIO DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA. Iso dános azos para seguir traballando con máis ganas, se cabe. Por iso, repetimos: GRAZAS. Aos rapaces e ás súas familias (esas mamás artistas que pintaron uns recortables IM-PRESIONANTES -e algún papá tamén había-).
WE ARE THE CHAMPIONS; MY FRIEND!!
AGARDANDO POLO VEREDICTO DO SABIO XURADO.
OS GAÑADORES ATENDEN A PRENSA
OS MÁIS CATIVOS TAMÉN TIÑAN MOITO QUE DICIR
NO DESFILE PREVIO, AÍNDA COS "PIXAMAS"
E ATA OS FUTUROS ALUMNOS ÍAN EN
COCHE "RECORTABLE" E TUNEADO!
E se picades aquí, podedes ver algunha foto máis do evento que colgou o xornal local El Progreso. Nalgunha tamén estamos nós. As que aquí colgamos non son moi boas, pero fixemos o que puidemos.Grazas!
E para que non queden dúbidas, aquí vos deixamos o diploma que o acredita:
No hay comentarios:
Publicar un comentario