Encontro con Marcos Calveiro na Biblioteca: uns 30 membros dos diferentes clubes de lectura da ESO tivemos hoxe un inesquecible encontro con Marcos Calveiro, se cadra o escritor máis salientable da última fornada de narradores para mozas e mozos que deu Galicia. Motivo?
Lemos Palabras de Auga, o premio Merlín 2012.
Literatura de alta voltaxe.
Marcos falou e falou sobre as súas Palabras de Auga. E sobre o oficio de escritor, e sobre o proceso de creación, e sobre a sabana africana, e a inxustiza, e os nosos móbiles...
Nós tiñamos preparada esta "winding stair" en recoñecemento a este escritor que tamén resultou ser unha persoa afable, falangueira e moi cercana. Quedamos encantados.
Palabras de Auga, se cadra a novela que máis nos gustou de canta novidade lemos no que vai de curso:
recomendámola moi vivamente!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario