Como ben sabedes, o noso colexio forma parte
da rede PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) dende o curso pasado
e, un ano máis, solicitamos unha subvención para continuar a mellorar a nosa
benquerida biblioteca. Onte publicouse a resolución provisional coas contías a
recibir por cada centro e... estamos de noraboa!! Recibimos, nada máis e nada
menos, que 12.540 euros!!!!!
Estes cartos non só nos permitirán mercar
novos fondos e mobiliario (tarefa xa comezada no curso 19-20); senón que poderemos
adquirir unha gran cantidade de material para crear unha magnífica biblioteca
inclusiva e unha radio escolar; si, lestes ben, unha radio no cole. Manterémosvos
informados de todas as novidades, estade atentos!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario