NOVA NORMALIDADE
Despois de tantos meses, volvemos abrir a biblioteca!! Coma sempre, retomamos este blog o 18 de outubro, día de San Lucas, patrón do Mondoñedo de Álvaro Cunqueiro; vento nas velas!!
Como xa sabedes, o curso pasado, e grazas aos fondos achegados polo PLAMBE, comezamos a remodelar a Biblioteca: novo chan, paredes recén pintadas, mobiliario a estrear… Aínda queda moito por facer, pero mentres tanto imos funcionando; iso si, adaptándonos ás medidas marcadas polo protocolo Covid que ledes a continuación:
PROTOCOLO DE
USO DA BIBLIOTECA
- Ventilación:
as portas permanecerán sempre abertas; e as ventás, o maior tempo posible
- Aforo:
50%, é dicir, 12 persoas. Só poderá coincidir un único “grupo- aula”,
mantendo sempre a distancia social.
- Sinalización: indicarase
no chan o sentido de circulación dos usuarios, así como o mobiliario do
que se pode facer uso. Non se poderá coller libros dos estantes; haberá
que dirixirse ao mostrador da biblioteca ou levantar a man e solicitarllo
á persoa responsable nese momento.
- Desinfección: é
obrigatorio o uso de máscara e de xel hidroalcólico, tanto á entrada como
á saída. A bibliotecaria desinfectará os postos de lectura despois de cada
uso (incluída a mesa do profesor).
- Préstamo: farase
de forma habitual, aínda que os materiais devoltos deberán permanecer
separados, a efectos de prevención, un prazo de 24 horas como mínimo (agás
que as autoridades sanitarias, educativas e do ámbito bibliotecario
estipulen outros prazos maiores). É dicir, devólvense un día e colócanse
ao día seguinte.
- Devolucións: faranse
nun carriño colocado na entrada e o/a alumno/a non terá que facer máis
nada que depositalo nel. Será ao día seguinte, cando o/a encargado/a da
biblioteca terá que rexistrar a devolución e colocalo no estante
correspondente.
- Xogos: non se permitirá o uso de xogos que impliquen un uso compartido.
No hay comentarios:
Publicar un comentario