Continúa chegando material para a nosa biblioteca!!! Neste caso, 5 tablets coas que poderemos ler, investigar, xogar... #plambe #bibliotecaescolar
25 dic 2020
21 dic 2020
Guía de lecturas para o Nadal
Os nenos e nenas de infantil e primaria recibiron estes días un pequeno agasallo: unha guía de lecturas en galego para o Nadal. Pode haber mellor plan para estas vacacións que viaxar coa imaxinación e a lectura? #plambe #bibliotecaescolar #lecturasnadal
18 dic 2020
PASENIÑO, PASENIÑO... IMOS FACENDO CAMIÑO
Máis amodo do que nos gustaría, van chegando materiais para traballar proximamente. A nosa radio xa ten micros e mesa de mezclas: no segundo trimestre comezaremos a argallar para seguir mellorando a escola. Escoitarémonos!#plambe #bibliotecaescolar #radioes
colar
17 dic 2020
PREPARANDO A BIBLIO "POSPANDEMIA"
Comezan a chegar novos materiais para a Biblio do futuro. Así que poidamos xogar, tocar, compartir... Imos ter moito que facer e que disfrutar na Biblioteca do centro...#plambe #bibliotecaescolar
13 dic 2020
ENTREGA DE CARNÉS
Os nenos e nenas de 2° de primaria recibiron este venres, con gran ilusión, os seus novos carnés da biblioteca. Ademais, distintos cursos de primaria e infantil continuaron desfrutando da experiencia das mochilas viaxeiras.
10 dic 2020
CERTIFICADO DESTACADO EN FICTION EXPRESS
Lucía Domínguez, alumna de 2° ESO, recibiu un certificado da plataforma Fiction Express pola calidade dos comentarios no foro do libro "Quiero ser popular" de Víctor Panicello. NORABOA!!!
30 nov 2020
29 nov 2020
NOVO CLUB DE LECTURA
Bota a andar un novo grupo do club de lectura, que tivo a súa primeira xuntanza o pasado venres. Será un grupo magnífico ao que contamos que se unan novas incorporacións nos vindeiros días!! #plambe #clublectura #bibliotecaescolar
22 nov 2020
INFANTIL TAMÉN LE!!!
Os nenos e nenas de infantil estrenaron este venres bolsiñas lectoras!! Nelas, cada semana, poderán levar para casa distintas lecturas para compartir coas súas familias.#plambe #bibliotecasescolares #mochilasviaxeiras
21 nov 2020
ENCONTRO DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA
Do 19 ao 21 de novembro compoñentes do Equipo da Biblioteca do noso cole participaron no Encontro de Bibliotecas Escolares de Galicia 2020 que, por mor da pandemia, tivo que celebrarse telematicamente. Un curso máis, escritores, bibliotecarios e docentes compartiron as súas andainas no mundo da biblioteconomía e contaxiaron a súa ilusión e bo facer. #plambe #bibliotecasescolares
17 nov 2020
10 nov 2020
FICTION EXPRESS
FICTION EXPRESS
O alumnado de 1° de ESO baixou hoxe á aula de informática (que goza de novas mamparas) para comezar a ler o libro "Quiero ser popular" na plataforma Fiction Express. Así, despois de ler o primeiro capítulo, os rapaces e rapazas puideron votar sobre cómo continuará a historia, interactuar co autor e outros lectores a través do foro, cubrir un cuestionario online... Ademais, dende as súas casas, poderán facer o mesmo con outras lecturas de distintas temáticas e niveis. Nós próximos días, outras clases, dende 5° de primaria ata 4° de ESO, tamén se poderán unir a esta iniciativa. #bibliotecaescolar #plambe #fictionexpress
7 nov 2020
CLUB DE LECTURA DE 1° ESO
CLUB DE LECTURA?? AVANTE TODA
Continúan arrincando as distintas seccións do Club de Lectura depapeletinta: aquí temos algúns intrépidos grumetes de 1° da ESO, que onte tiveron o seu primeiro encontro. Haberá máis e serán mellores! #clubdelectura #plambe #bibliotecaescolar
MOCHILAS VIAXEIRAS
Botaron a andar as primeiras mochilas viaxeiras en 1°, 2° e 4° de primaria. Nenas e nenos compartirán coas súas familias os libros, as películas e a música cos que a mochila vai cargada. Ademais, as familias poden realizar suxestións ou contar a experiencia de lectura compartida no "diario da mochila". #mochilasviaxeiras
#plambe
#bibliotec
aescolar
5 nov 2020
Como ben sabedes, o noso colexio forma parte
da rede PLAMBE (Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares) dende o curso pasado
e, un ano máis, solicitamos unha subvención para continuar a mellorar a nosa
benquerida biblioteca. Onte publicouse a resolución provisional coas contías a
recibir por cada centro e... estamos de noraboa!! Recibimos, nada máis e nada
menos, que 12.540 euros!!!!!
Estes cartos non só nos permitirán mercar
novos fondos e mobiliario (tarefa xa comezada no curso 19-20); senón que poderemos
adquirir unha gran cantidade de material para crear unha magnífica biblioteca
inclusiva e unha radio escolar; si, lestes ben, unha radio no cole. Manterémosvos
informados de todas as novidades, estade atentos!!!
3 nov 2020
MOCHILAS VIAXEIRAS
Nos vindeiros días comezará unha nova andaina das mochilas viaxeiras, iso si, gardando todas as medidas de seguridade: desinfección das mesmas e corentena entre entregas. Como novidade, este curso ampliaremos a actividade a 1° e 4° de Educación Primaria.
Preparados para ler?
2 nov 2020
ARRINCA O CLUB DE LECTURA
31 oct 2020
LETRAS GALEGAS: CARVALHO CALERO
LETRAS GALEGAS
18 oct 2020
18 DE OUTUBRO: ESTAMOS DE VOLTA. NOVA NORMALIDADE
NOVA NORMALIDADE
Despois de tantos meses, volvemos abrir a biblioteca!! Coma sempre, retomamos este blog o 18 de outubro, día de San Lucas, patrón do Mondoñedo de Álvaro Cunqueiro; vento nas velas!!
Como xa sabedes, o curso pasado, e grazas aos fondos achegados polo PLAMBE, comezamos a remodelar a Biblioteca: novo chan, paredes recén pintadas, mobiliario a estrear… Aínda queda moito por facer, pero mentres tanto imos funcionando; iso si, adaptándonos ás medidas marcadas polo protocolo Covid que ledes a continuación:
PROTOCOLO DE
USO DA BIBLIOTECA
- Ventilación:
as portas permanecerán sempre abertas; e as ventás, o maior tempo posible
- Aforo:
50%, é dicir, 12 persoas. Só poderá coincidir un único “grupo- aula”,
mantendo sempre a distancia social.
- Sinalización: indicarase
no chan o sentido de circulación dos usuarios, así como o mobiliario do
que se pode facer uso. Non se poderá coller libros dos estantes; haberá
que dirixirse ao mostrador da biblioteca ou levantar a man e solicitarllo
á persoa responsable nese momento.
- Desinfección: é
obrigatorio o uso de máscara e de xel hidroalcólico, tanto á entrada como
á saída. A bibliotecaria desinfectará os postos de lectura despois de cada
uso (incluída a mesa do profesor).
- Préstamo: farase
de forma habitual, aínda que os materiais devoltos deberán permanecer
separados, a efectos de prevención, un prazo de 24 horas como mínimo (agás
que as autoridades sanitarias, educativas e do ámbito bibliotecario
estipulen outros prazos maiores). É dicir, devólvense un día e colócanse
ao día seguinte.
- Devolucións: faranse
nun carriño colocado na entrada e o/a alumno/a non terá que facer máis
nada que depositalo nel. Será ao día seguinte, cando o/a encargado/a da
biblioteca terá que rexistrar a devolución e colocalo no estante
correspondente.
- Xogos: non se permitirá o uso de xogos que impliquen un uso compartido.