Un ano máis, e xa van cinco, imos volver intentalo no concurso de relato curto que organiza a multinacional COCA COLA.
Hoxe recibimos o material para comezar a preparar as mozas e mozos de 2º da ESO, así que en breve seleccionaremos aos nosos representantes.
Novidade? Nos anos anteriores só nos presentamos na modalidade de Lingua Galega e este ano imos probar sorte tamén en Lingua Castelá.
Manterémosvos informados.
Mentres tanto facemos votos para que os de segundo da ESO poidan renovar os loureiros que anteriormente foran quen de gañar Inma Alonso e Laura Cernadas, 2ª e 5ª en diferentes edicións anteriores.
E seguimos a soñar, afoutos, coa descocacolonización do mundo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario