Hoxe continuamos coa actividade de "apadriñamento lector" entre o alumnado de 3º da ESO e os peques de 1º de Primaria. Para empezar, os maiores contáronlles aos seus afillados o conto "A pomba dona Paz", que estamos ás portas do 30 de xaneiro, día da Paz!
Cando chegaron os da ESO, as mozas e mociños de primeiro saudaron as súas madriñas e padriños cunha canción e un baile moi chulos que tiñan preparados, tamén co gallo da festa da Paz: No patio do meu cole nunca hai liortas...
Logo xa baixamos á Biblioteca ou saímos ao corredor en pequenos grupos para as narracións... había moitas expectativas!
Os maiores prepararon a narración con moito agarimo e tiveron como recompensa un público moi atento!
Ao rematar os contacontos, despois de moitas preguntas, de moitas explicacións e de entender moi ben o relato... tivemos un pequeno obradoiro de debuxo... coas madriñas e padriños axudando e dando bos consellos!
Foi un traballo minucioso!
Eu creo que cómpre expoñelo para
o Día da paz, non si?
No hay comentarios:
Publicar un comentario