Andaron os Leóns de Bagdad lendo de novo ao grande Marcos Calveiro -aínda ben frescas desde o curso anterior as súas Palabras de Auga- e a súa última proposta: Todos somos. Trátase neste caso dunha novela breve -apenas 140 páxinas- de doada lectura e dun tema de máxima actualidade: que pasa cando desaparece unha moza, un neno, unha adolescente?
Non adiantamos nada máis do argumento: van ser os propios leóns os que vaian pendurando nesta bitácora as súas opinións sobre esta obra. Só engadiremos algo que talvez ninguén diga: o libro está ben, pero a imaxe da capa parécenos marabillosa. E vós que pensades?
No hay comentarios:
Publicar un comentario