Como avanzamos na fin de semana, onte comezou a gran GUERRA DAS BRUXAS entre as OMAR e as ODISH... Si, os Piratas do Miño andan lendo A Guerra das Bruxas.
Hoxe dividímonos nos dous clans e libramos o primeiro asalto, a preguntaza limpa.Velaquí os OMAR, deliberando:
E as ODISH, preparándose para a batalla:
Despois de tres intentos as OMAR acadaron as galletas da sabedoría, cando as ODISH non foron quen de respostar a unha das súas cuestións. E aquí está Sara Suárez, voceira das OMAR, co trofeo do seu clan:
Pero isto foi só unha batalla... que ninguén se confíe... as ODISH, sedentas de sangue como son elas, xa xuraron vingarse...
No hay comentarios:
Publicar un comentario