Amigas e amigos, desde o pasado venres, 18 de outubro de 2013, festa maior no Mondoñedo de D. Álvaro Cunqueiro, a Biblioteca ten conta propia en twitter.
Así que xa sabedes, buscade @bibliodima e manterédesvos informados de todo o que acontece por estes lares.
Por certo, non podemos deixar de comentar que nos enche de orgullo que o primeiro chío que enviamos ao ciberespazo tivo unha resposta de excepción: a do mestre Agustín Fernández Paz. Ademais de ser un dos nosos autores de cabeceira, ten estes detalles que nos gañan o corazón.
.
Veña! Síguenos que queremos contarche moitas cousas!
1 comentario:
Si,moi boas festas en Mondoñedo por certo!magoa que este ano tocoume ir o domingo.
Publicar un comentario