Por Santos, neve nos altos; polo San Martiño, lobos no camiño e polo San Andrés, neve aos pés!
ESTAMOS NO OUTONO! Comeza a arrefriar e a chover, minguan os días e medran as noites... e xa que logo, é tempo de castañas, de cabazas e de todos os froitos cos que a natureza nos agasalla neste tempo. Xa está aquí o MAGOSTO. Xa chegou o momento de tallar as cabazas!
Para celebralo, xusto antes do Día de Defuntos e de Todos os Santos, aínda que tamén podería ser máis tarde, invitámosvos coma sempre a participar no
CONCURSO DE TALLADO DE CABAZAS
Xa sabedes, traede as cabazas talladas da casa o martes, 29 de outubro.
Por outra banda, ese mesmo día tamén celebraremos o MAGOSTO.
Faremos tamén a xa tradicional
EXPOSICIÓN DE FROITOS DE OUTONO.
Coma sempre, serán benvidos exemplares de todo canto a nai Natureza nos quere dar: marmelos, mazás, uvas, millo, noces, figos...
As castañas e os froitos levaranse ao cole o luns 28. Lembrade, as cabazas talladas agardan ao martes 29. IMOS PARTICIPAR!!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario