E se animada estivo o encontro de Ledicia Costas cos de Primaria, que dicir dos de Secundaria?
Que Ledicia chegou, falou e triunfou co seu
O corazón de Xúpiter
Poderiamos recoller as palabras que escribiamos hai dous anos, na súa anterior visita: "máis unha vez outr@ escritor/a con capacidade de sorprender ao noso alumnado, de interesarnos e de deixarnos prendidos das súas verbas... e das historias que nos contan, das que lles lemos e mesmo das que nos parece que gardan para máis adiante. Porque, se algo fica claro logo de compartir conversas e reflexións ao longo de hora e media con Ledicia Costas, é que esta moza soubo, coma moi poucos, falarlles ás mozas e mozos dun mundo no que se senten recoñecidos, do seu mundo. Eis unha das razóns que levan amocidade á lectura: lerse, recoñecerse".
E todo iso segue a ser verdade hoxe en día. Engadámoslle unha boa dose de empatía, calidez e savoir faire por parte da autora e xa teremos todos os ingredientes para entender as razóns do seu rotundo éxito. A mellor proba? Os numerosos estudantes que andan estes días con outras obras súas baixo do brazo. Sen obrigas, por vontade propia. Seica Ledicia tiña algo que lles contar e sabía ben como facelo.
Beizón e gratitude.
Aí seguimos, na angueira de crear o lectorado galego,e en galego, que tanto queremos e precisamos. Para iso, apostamos, a rapazada aposta, por Ledicia Costas.
Entre outras.
Entrevista final con alumnos de terceiro.
Comprobado: canto máis grande, máis humilde e accesible.
Non hai fallo.
1 comentario:
Qué lindo!
Publicar un comentario