CONCURSO DE FOTOGRAFÍA
Estás na ESO? Tes móbil? Gústache tirar fotografías?
Pois veña, imos ver de retratar o señor OUTONO en calquera dos seus motivos (natureza, costumes, comidas...)
- Envía esas fotos ao enderezo xoseluisprofe@gmail.com
- Apura! Faino antes do martes, 25 de outubro.
- A que máis guste levará un agasallo ben interesante.
CONCURSO DE TALLADO DE CABAZAS
Trae a túa cabaza tallada e decorada o xoves, día 27, ponlle o nome para poder identificala e leva un agasallo se resulta premiada! E, aínda por riba, logo pode lucir ben fachendosa nas vosas casas...
CONCURSO DE COLAXES
Trae a túa cabaza tallada e decorada o xoves, día 27, ponlle o nome para poder identificala e leva un agasallo se resulta premiada! E, aínda por riba, logo pode lucir ben fachendosa nas vosas casas...
CONCURSO DE COLAXES
Es alumna/o de Primaria? Sabes facer unha colaxe?
Con follas, ourizos, pedras... e todo o que a imaxinación che suxira, imos aló e verás que ben locen na entrada do colexio para o día do magosto!
MAGOSTO
Comemos unhas castañas???
Trae un puñado de castañas ao cole o luns, 24 (nos esquezas anozcalas -picalas-)e o xoves 27 asarémolas para compartilas no recreo.
FROITOS DO OUTONO
Montamos unha exposición? Traiamos ao cole mostras de todo aquilo que a natureza nos dá chegado este tempo. Entre todos imos facer unha exposición ben chula.
No hay comentarios:
Publicar un comentario